6 ene 2013

Presentación Cultura contra a mentira

Acto: Presentación Cultura contra a mentira
Día: 11 de xaneiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín

A asociación Queremos Galego Marín organiza para este vindeiro venres 11 de xaneiro ás 20h00 na Biblioteca Municipal Vidal Pazos a presentación de CULTURA CONTRA A MENTIRA.
Cultura contra a mentira é unha iniciativa xurdida dun grupo de profesionais e persoas interesadas na Cultura. Con Cultura contra a mentira as persoas que fan parte da mesma buscan aportar contidos e documentar accións tendentes a desmontar as mentiras que a diario vemos na Cultura e noutros ámbitos. Cultura contra a mentira faino coa sana intención de favorecer a participación no exercicio da crítica responsábel que como cidadáns e cidadás nos corresponde.
Desde os poderes públicos a democracia se interpreta cada vez máis de maneira restritiva, é por iso que desde a sociedade civil, nas súas diferentes manifestacións (cidadáns, profesionais, asociacións, etc…), debemos participar en maior medida, xerando aquelas iniciativas e informacións que desde os poderes públicos se obstaculizan ou se furtan. Sen esa reflexión informada corremos o risco de transformarnos en marionetas das correntes de opinión xeradas por outros, en moitos casos con intereses sinxelos de identificar. Á Cultura tradicional saiulle unha compañeira de viaxe, esa outra Cultura, a de desmontar mentiras.
O acto aberto a toda a cidadanía contará coa presenza entre outros de Mónica Camaño, actriz que interpreta a xuiza da série “Matalobos” e  Tatán R. Cunha, titiriteiro de longa traxectoria de Tanxarina Títeres

No hay comentarios:

Publicar un comentario