11 may. 2017

Presentación: “Galegocalantes e galegofalantes”

Presentación: “Galegocalantes e galegofalantes”
Día: 19 de maio
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O venres 19 de maio a programación cultural do Ateneo ofrece dúas actividades que se celebrarán no Museo Manuel Torres: a presentación do libro “Galegocalantes e galegofalantes”, coa presenza do autor, Carlos Callón, ás 20:00 horas; e o recital do grupo Añoranza a partir das 21:00 horas, cun repertorio a base de música galega tradicional e composicións propias.
Editado por Xerais, “Galegocalantes e galegofalantes” é un libro-testemuño no que Carlos Callón –que durante 12 anos foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística- lle atribúe ao goberno do PP o retroceso que vén experimentando a lingua galega dende o ano 2009. O autor tamén abunda nos argumentos a prol da defensa do idioma e anima a que os “galegocalantes” dean o paso de converterse en “galegofalantes”.
En canto á actuación de Añoranza, as orixes do grupo remóntanse ao ano 2000 cando un grupo de amigos pasou de amenizar as xuntanzas familiares a actuar unha romaría. Outros músicos profesionais foron incorporándose á formación, que dende entón vén participando en festivais e programas de televisión, ata o lanzamento do seu primeiro disco, que contén pezas do folclore popular e cancións de nova creación.
No acceso a esta última actividade, que forma parte do ciclo Pontegal, os socios do Ateneo achegan unha doazón dun euro; dous euros os non socios.



No hay comentarios:

Publicar un comentario