19 may 2017

Proxección: “Paraíso roubado”

Proxección: “Paraíso roubado”
Día: 31 de maio
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APDR
Este mércores, 31 de maio, a biblioteca de Marín acolle a proxección do documental “Paraíso roubado” dirixido polo director Lukas Santiago.
Neste documental producido pola APDR nárrase a realidade da parroquia de Lourizán entre finais do século XIX e os anos 60 do século XX, un período no que pasou de ser o centro neurálxico do turismo de élite e da política galega e estatal arredor de Eugenio Montero Ríos a acoller a fábrica de celulosa de Ence.
O documental, dirixido por Lukas Santiago e que é o primeiro dunha triloxía, aborda a riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa antes de que no ano 1958 Ence empezara a asentarse na súa situación actual, a loita social e en feminino contra a súa instalación e o xeito no que chegou a decrepitude da zona a partir dese momento.
A proxección do documental comezará ás 20h na biblioteca de Marín.



No hay comentarios:

Publicar un comentario