11 sept 2017

Actos de setembro da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín

Actos de setembro da APRMHM
Día: 14,15 e 17 de setembro
Organiza: 
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín programa para este mes de setembro os seguintes actos:
O xoves 14, ás 20:30 h. na Casa de Cultura de Seixo, terá lugar a conferencia “Persecución contra os protestantes na guerra civil e no franquismo”, a cargo do xornalista e historiador marinense Marcos Gago Otero.
O venres 15, ás 20:00 h. na Biblioteca Municipal Vidal Pazos, presentación do libro “Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron”, primeiro achegamento ao estudo dos represores na Galiza, expoñendo os nomes, as causas e as metodoloxías usadas polo terror franquista, tomando como marco as comarcas de Pontevedra, o sur de Lugo, Ferrol, a Coruña, a Mariña, Ordes e Terra de Montes. Contaremos coa presenza de tres dos coautores: Xoán Carlos Garrido Couceiro, Carlos F. Velasco Souto e Xosé Álvarez Castro, ademais de Tino Iglesias García, membro da asociación.
O domingo 17, ás 13:00 h. no Pozo da Revolta, en Bagüín, celebración do acto anual en homenaxe e lembranza ás veciñas e veciños que defenderon a liberdade, como Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, lavandeira de 29 anos asasinada o 18 de agosto do 36, Elsa Omil, rapada polos falanxistas, e Antonio Martínez Alfonso, canteiro, Augusto Alfonso González, canteiro de 44 anos, e Cristóbal Peñín Alonso, industrial de 42 anos, asasinados o 14 de setembro de 1937.
Intervirán representantes das Igrexas Evanxélicas de Seixo e Marín, que falarán sobre a represión sufrida polos protestantes, farase a tradicional ofrenda floral ante a placa conmemorativa instalada neste lugar da memoria e contaremos coa actuación musical da agrupación “Os amigos gaiteiros”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario