20 oct 2017

Presentación “Carlos Casares. Un contador de historias”

Presentación “Carlos Casares. Un contador de historias”
Día: 20 de outubro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
No ‘Venres do Ateneo’ deste próximo 20 de outubro, ás 20:00 horas, o Museo Manuel Torres acollerá unha conferencia do profesor e académico da Real Academia Galega Henrique Monteagudo sobre o escritor Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Co lema “Carlos Casares, un contador de historias”, título do libro escrito polo propio Monteagudo e publicado por Galaxia, o autor reivindicará a obra literaria de Casares como o seu principal legado, sen esquecer a súa faceta pública como deputado no primeiro Parlamento galego e impulsor do Consello da Cultura Galega. 
No acto participarán escolares do Colexio Carballal de Marín que, a partir do poema “Amemos”, crearon unha melodía a ritmo de reggaeton e interpretaron un baile recollido nun videoclip que foi recentemente premiado pola Real Academia Galega. Este traballo tamén foi distinguido no Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais, en Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario