13 nov 2017

Homenaxe a Manoel Cambeiro Suárez

Homenaxe a Manoel Cambeiro Suárez
Día: 23 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión Club 'Portocelo' organiza unha homenaxe ao poeta, compositor e escritor, Manoel Cambeiro Suárez, que foi nado en Marín en novembro de 1920 e morreu en Vigo no mesmo mes de 1999.
Segundo o presidente do foro de opinión marinense Angel G. Carragal, "Cambeiro merece o recoñecemento de todos os marinenses polo importante legado cultural que deixou parte del dedicado a Marin. Os seus poemas 'Onde estarán as roseiras?’, 'Relembranza ou Dr. Touriño'; 'A Praza da Veguiña', son algunhas das mostras da paixón que sentía polo seu pobo. Seus acrósticos e poemas en galego ( 'Rosalía de Castro', 'O meu amigo', 'Miña Galicia') foron eloxiados por intelectuais como Filgueira Valverde, Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro "
Os actos do memorial terán lugar o xoves día 23 as 20.00h na Biblioteca Pública Municipal nos que intervirá, o fillo do homenaxeado, profesor de composición, Carlos Cambeiro Alís que falará sobre a vida e obra do seu pai a través de notas biográficas e documentación diversa.
Haberá tamén un recital poético e a actuación da coñecida soprano viguesa Beatriz Riobó acompañada ao piano por Enrique Goberna tamén vigués que interpretará 'Miña nai, miña Vellina' (letra de Manuel Cambeiro e música de Carlos Cambeiro). O acto terminará coa entrega da distinción póstuma ‘IX Centenario de Marín’, da que están en posesión outros escritores e historiadores marinenses. A entrada é gratuíta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario