30 nov 2017

Teatro “Ai Carmela”

Teatro “Ai Carmela”
Día: 1 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Dentro das actividades programadas polo Ateneo para celebrar o 65 Aniversario este venres día 1 de decembro as 20h , o grupo Petanaporta Teatro ofrécenos a obra "Ai Carmela", cos interpretes Paco Pernas no papel de Paulino e Mercedes Pardavila no de Carmela. Dirección de Diego Rey e baseado no texto orixinal de Sanchis Sinisterra. Nas tarefas técnicas de luz e son Sergio Alfonso Agra.
A representación será no novo Local do Ateneo, Rúa do Forno nº42, baixo.
Trátase de unha obra cuxos persoaxes son tratados con moita delicadeza e cariño, representantes das tres Españas, a dos vencedores, obvia e sempre presente e duas Españas que asumiron a derrota de duas maneiras diferentes. Unha representada por Carmela que acaba morta e outra sobrevivinte representada por Paulino que acaba asumindo o sometemento e perda dos seus ideais disposto inclusive ao esquecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario