Conferencia “A represión
franquista en Galicia. Algunhas claves interpretativas”
Día: 29 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
O venres,
día 29, o profesor Julio Prada Rodríguez ofrecerá a conferencia “A
represión franquista en Galicia. Algunhas claves interpretativas”.
Comezará ás 20 h. no Museo Manuel Torres.
Julio
Prada Rodríguez é profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de
Vigo, secretario do Centro Asociado da UNED de Ourense e licenciado en Dereito.
Está especializado no estudo da violencia política, o primeiro franquismo (a II
República, a guerra civil e a represión) e a transición á democracia; conta
cunha ampla e intensa traxectoria na investigación, tendo dirixido varios
proxectos e publicados unha vintena de libros, ademais de numerosos artigos e
participacións en congresos. Foi Premio de Investigación Histórica de Galicia
“Antonio Fraguas” e é considerado como un dos máis recoñecidos investigadores en
Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario