21 dic 2017

Homenaxe na Raña da APRMHM

Homenaxe na Raña da APRMHM
Día: 23 de decembro
Hora: 12h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Este sábado, día 23 de decembro, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza un acto ás 13 h que consistirá na colocación dunha placa no muro do cemiterio de A Raña, para sinalar este lugar da memoria.
Entre os diversos sucesos acaecidos na contorna, a APRMHM lembra un especialmente tráxico: o 7 de decembro de 1936 aparecen os corpos dos veciños da vila de Bueu Francisco Escáneo Franco​ e Francisco García Villanueva, concelleiros, e de Xacinto Lamosa Novas, Xosé Seixas Camiña e Xulio Castro Martínez, dirixentes obreiros; asasinados nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín.
Antes do citado acto, ás 12 h. no Museo Manuel Torres, a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu, presentará o traballo de investigación "Crónica da represión en Bueu no golpe militar do 36".

No hay comentarios:

Publicar un comentario