8 feb 2018

Conferencia: “O entroido en Marín e no Morrazo”


Conferencia: “O entroido en Marín e no Morrazo”
Día: 9 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia, en colaboración co Concello de Marin, dá o pistoletazo de saída do Carnaval marinense deste ano cunha Conferencia no Museo Manuel Torres ás 20 h do venres dia 9 de febreiro.
A conferencia será impartida por Xosé Anxo Rosales, membro da Sociedade Antropolóxica galega, gran coñecedor do Entroido no Morrazo, do de Cobres e no Concello de Marín, dos que ten publicado un libro e diversos artigos en revistas científicas.
Na conferencia falará dos torreiros que houbo no igrexario de  San Xulián, na Pardavila, Cadrelo, igrexario de Santo Tomé e na Teoira, das máscaras, dos farrapalleiros, vascalleiros e os de bonito, ademais dos zoomorfos, todos eles diversas maneiras de celebrar o Entroido no noso Concello, nalgúns casos até mediados do século XX.
Falará dos diversos rituais, destacando a corrida do galo de Cadrelo que ían acompañadas de carreiras da cabalo (das que quedan moi poucas testemuñas gráficas.
Todo isto acompañado de proxección de imaxes rescatadas por algúns veciños, asi como testemuñas reais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario