Debate “O reto da igualdade en Galicia”
Día: 23 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión
'Portocelo' seguindo o seu costume de anos anteriores de unirse á exaltación do
'Día Internacional da Muller', organiza un debate sobre 'O reto da
Igualdade en Galicia' que terá lugar o venres día 23 de marzo ás 20.00h na
Biblioteca Pública.
Neste debate participarán
catro deputadas no Parlamento de Galicia, 'voceiras de Igualdade' nos seus
respectivos grupos parlamentarios: Marián García Miguez (PPdG); María Pierres
(PSdG-PSOE); Paula Vázquez (En Marea) e Montserrat Prado (BNG).
As catro poñentes debatirán e intentarán dar resposta á pregunta
de se se aplica e cumpre a Lei Orgánica de Igualdade, que xa cumpriu
dez anos da súa aprobación. Tamén abordarán as reivindicacións máis actuáis
postas a debate na opinión pública, especialmente a brecha, tanto laboral como
nos demais ámbitos da sociedade, que existe entre homes e mulleres.
Ao final do debate,
que estará dirixido e moderado polo xornalista de prensa e radio Eugenio
Giráldez, as catro deputadas manterán un coloquio coa asistencia. A entrada é
libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario