4 feb 2018

Presentación de “Elefantes de papel”

Presentación de “Elefantes de papel”
Día: 9 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Adega da Capeleira
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín presentará o vindeiro 9 de febreiro o libro solidario “Elefantes de papel” ás 20h na Adega da Capeleira de Marín.
“Elefantes de papel” é un libro composto por 52 relatos curtos escritos por María Salinas e Berto Pirata e as ilustracións de Humberto Ademar Farías Iglesias. Estes textos tratan distintas temáticas sociais como a pobreza, o papel dos avós na sociedade, o coidado da terra, os refuxiados xunto con outros temas como o amor, o humor, etc.
Con este libro os autores pretenden crear unha vaga de solidariedade cuxo primeiro paso é doar un euro por cada libro vendido á ong Conrazones. A maiores en cada presentación os autores tamén doarán outro euro por libro vendido á asociación que organice o acto ou a aquela ong que que esta decida. No caso da presentación en Marín, a Asociación Queremos Galego Marín destinará tamén a cantidade que lle pudese corresponder á ong Conrazones.
Este libro que tamén se publicará en breve en braille a través da ONCE presentarase en 52 actos, tantos como relatos, ao longo e ancho de todo o país.
Na presentación intervirán os seus autores María Salinas e Berto Pirata para nos explicar de onde xurdiu esta idea, falarannos dos seus textos e da acollida que está a ter o libro nas vilas onde xa se presentou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario